Esta novela foi publicada en 2012, conta cun total de 256 páxinas distribuídas en 9 capítulos e a historia xira en torno a unha vila non moi coñecida de Lugo. O principal tema desta novela é “a memoria” e o argumento é “a capacidade dos recordos de alterar a nosa personalidade”. O título “Ardalén” significa vento húmido que provén de América, o cal enreda nas memorias das persoas recordos de persoas descoñecidas que afogaron.
A protagonista deste cómic é Sabela, unha muller recién divorciada e desempregada que pasa o seu tempo nunha vila tratando de reunir o pasado do seu avó Francisco, o cal esconde unha gran cantidade de misterios da súa emigración a Cuba buscando maior estabilidade económica, abandonando a súa familia e morrendo alí, sen que ninguén soubese nada del. Aínda que a historia xira en torno á busca de Sabela por investigar a vida que escondía o seu avó, dende o meu punto de vista Fidel, unha persoa de gran idade da vila ao cal chaman “O náufrago” adquire unha maior importancia na historia xa que este ten unha característica única e que o fai moi especial, ten recordos moi pouco precisos da súa emigración, chegando a ter coñecido a Francisco, o pai de Sabela, o certo é que estes recordos non son seus xa que ao longo da novela pódense apreciar uns recordos de Fidel chamándoo polo nome de Antonio e ao final da novela amósase de maneira moi destacada a persoa á que pertencían estes recordos, un verdadeiro emigrante pero que morrera a causa doutro membro da tripulación por razóns descoñecidas. A Fidel cústalle distinguir os recordos das dúas persoas, chegando a recibir visitas á casa de pantasmas como Ramón; o mellor amigo de Antonio, Rosalía; a muller de Antonio e Francisco, os cales comezan a refrescarlle a memoria a Fidel sobre os seus recordos como emigrante e a relación que este tiña con Francisco. Desgraciadamente, a tarefa de Sabela de informarse acerca do seu avó, vese dificultada por un home da vila, o antagonista, chamado Tomás o cal pensa que a finalidade da visita de Sabela á vila é en busca dos tesouros que trouxo Fidel de Cuba, ten un pensamento equívoco xa que Fidel ten uns recursos moi limitados e a Sabela nunca se lle ocorrería pensar niso. Despois dun tempo falando con Fidel, Sabela comeza a coñecer as razóns de que Francisco nunca volvera a súa casa, resulta que o seu avó chegara a ter unha gran estabilidade económica en Cuba e mandara unha gran cantidade de cartas á familia de Sabela pedindo que fosen vivir onda el para non se preocupar máis do diñeiro, este chega a volver a España pedindo que a súa familia marche con el. A petición de Francisco é negada e sendo advertido de que se volve emigrar non vai poder volver. A pesar da ameaza, Francisco segue mandando diñeiro á súa casa e cartas que nunca chegaron a ser contestadas. Este termina morrendo a unha idade moi avanzada sen casarse no seu novo fogar despois dun día de esmorga, parándoselle o corazón de súpeto. Esta novela ten un final moi inesperado xa que cando Sabela obtén toda a información que buscaba e recibe a noticia dunha entrevista para un novo traballo, é asaltada por Tomás xusto antes de marchar da vila, o cal busca agredila pensando que segue a esconder as verdadeiras razóns da súa visita á vila pero inesperadamente aparece Fidel e Tomás remata morrendo a mans de este.
Gustoume moito este libro, persoalmente opino que este libro merece unha oportunidade para ser lido, as fermosas e precisas imaxes que presenta deleitan ao lector á vez que nos permite darlle cor e forma ós distintos lugares nos que ten lugar a historia. Ademais, explica dun modo moi realista a situación das persoas que emigran ou emigraban e como se ían perdendo os recordos destas ao emigrar. Recomendaría este libro a todas aquelas persoas que lles guste ler cómic ou lles gusten as novelas narrativas cunha historia única pero moi impactante e apasionante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario