O sistema educativo, polo menos en España, ten como obxectivo formar os seus estudantes en moitas materias diferentes para que adquiran coñecementos xerais de todos os ámbitos posibles. Pode parecer un sistema moi bo a simple vista, xa que así consegues que os alumnos atopen as súas paixóns e o que de verdade lles gustaría estudar, pero a realidade é moi diferente.
Seguramente estaredes pensando que non hai nada de malo niso, que é un método eficaz para puntuar o coñecemento dos estudantes, pois todo o contrario, este sistema é o menos efectivo que existe. Isto débese a que os conceptos memorizados para un exame rara vez son traballados de novo en profundidade, porque xa tes que aprender de memoria outras 15 follas para o seguinte, así que rematas esquecendo todo, excepto o máis xeral.
Lembrades iso? O coñecemento xeral xa o tiñamos aprendido das explicacións do profesor nas aulas, entón de que serviu o exame? Para absolutamente nada. Un exame é eficaz cando se traballan conceptos superficiais, xa que serve para fixalos na memoria, pero non serve para traballar cousas tan específicas como as que estudamos nas aulas hoxe en día, é literalmente unha perda de tempo.
En resumo, eu cambiaría a forma na que se empregan os exames no sistema educativo actual deixando as cousas máis concretas para traballos de investigación ou exposicións orais e esixiría nun exame as cousas máis superficiais da materia. Todo isto para aproveitar de verdade as horas de estudo e facer máis amena a aprendizaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario