domingo, 25 de outubro de 2020

A Tauromaquia, ¿arte ou asasinato? Eva Peña Porto, 1º Bacharelato A


A Tauromaquia é unha práctica que forma parte da historia de España. O touro e o toureiro son símbolos internacionais de España. Pero, está realmente ben esta práctica que para moitos é considerada medieval? Con este texto penso defender que a tauromaquia non debería de ser considerada arte. A pesar desta posición, tamén existen algunos pros e contras que mencionarei, así coma os puntos de vista dos dous bandos, taurinos e antitaurinos por igual.

A Tauromaquia está presente na nación española dende a Idade de Bronce, aproximadamente no 3.000 a.C, é dicir, que a tauromaquia é unha práctica prehistórica. Porén, esta facíase pola necesidade de cazar, pero comezou a ofrecerse coma espectáculo a público aberto no século XII, sete séculos despois de que o circo se extinguise en Roma pola súa crueldade. Pese a non ser o único lugar onde se practica España, é no noso país onde é máis popular.

Os datos recollen que ao redor de 53.000 touros son asasinados en corridas por esta “arte” en España e levan gastados 2800 millóns de euros de diñeiro público só nas corridas dos últimos cinco anos. No entanto, no último século morreran 136 especialistas, tan só 36 deles matadores. Isto é porque a día de hoxe para asegurar con maior eficacia a supervivencia do toureiro, o touro entra na praza debilitado fisicamente.

Tamén cabe mencionar que pese a todo o diñeiro que gasta achega recursos económicos aos comercios autónomos ao redor das prazas de touros, polo cal beneficia a economía particular, un dos puntos a favor que ten. En todo caso o diñeiro que fornece ao estado segue sendo aproximadamente un 25% menos do que consome.

Unha familia promedio gasta entre 60 e 80 euros anualmente dirixidos unicamente á tauromaquia, sen posibilidade de elixir sobre a opinión de non pagalo porque non está incluido nos seus ideais.

Falando máis profundamente da crueldade que é para o animal, o touro está clasificado como animal pacífico. Obviamente, o touro ataca cando considera que está en perigo. A explicación biolóxica confirmada do comportamento dun touro na praza é que quere fuxir, pero non pode, ergo ataca.

Outra incoherencia que se suscita é a reflexión de por que torturar e matar un gato ou un can é un delito legal grave, e facelo cun touro non? En Roma, lugar tan famoso polo seu extinto circo, o máis cruel do mundo, a tortura a calquera tipo de animal é un delito pagado con multas de entre 500 e 1000 euros.

Un dos principais argumentos que aplican os taurinos é que se se acaba a tauromaquia, extínguese a especie. Isto é mentira, pois o denominado “touro bravo” tan só é unha variedade do Bos Taurus, que habita en todo o planeta.

Tamén falando das manifestacións antitaurinas consisten en entrar á praza e demostrar que o touro é manso, non obstante nesas circunstancias o único que fará posiblemente sexa atacar, de modo que moitas veces ambas partes acaban mal.

Tras estes datos, temos dúas posicións. Unha que defende a posición de que é unha arte popular e respectable, que leva sendo unha tradición dende antes da historia, e a outra é que é un maltrato animal normalizado.

A maioría da xente moza do século XXI opina de forma común que a tauromaquia xa non debería de ser considerada arte. Ademais, os datos confirman que asisten as persoas de 50 anos cara enriba como media, de modo que nuns 30 anos o público das prazas de touros estará practicamente extinto.

Que opinas ti?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...