venres, 30 de outubro de 2020

O fanatismo polos grupos musicais, actores e actrices e políticos, Nerea López Picos (1º Bacharelato A)

O fanatismo... Que é verdadeiramente? Unha pregunta que moi poucos se fan e que deberían comezar a facerse.

Segundo  a Wikipedia o fanatismo é a afección ou paixón que ten unha persoa por unha relixión, grupo musical, deporte... E que manifesta de maneira irracional, esaxerada e desmesurada. A persoa fanática é aquela que defende unha idea ou opinión con tenacidade e total seguridade, tamén é aquel que se preocupa por algo ou alguén en demasía.

Na miña opinión, o fanatismo é moi negativo, porque ese tipo de persoas que o padecen poden chegar a facer moito dano (non só físico, senón tamén psicolóxico). Nalgúns casos non só saen prexudicados os artistas, tamén as persoas que os rodean.

Temos que comezar a diferenciar quen o padece e quen non, xa que non é un tema que se poida tomar á lixeira. É máis serio do que semella ser.

O fanatismo non é unha enfermidade mental, pero asóciase a distintos trastornos mentais, sobre todo de tipo relixiosos, e que poden chegar a extremos perigosos como perseguir, acosar ou asasinar seres humanos por ser alguén importante ou porque creen nunha ideoloxía distinta.

O fanatismo divídese en distintos grupos, por exemplo, fanatismo cultural, artístico, político, relixioso... Os máis coñecidos soen ser o fanatismo artístico e o deportivo, xa que son os máis populares entre as persoas.

Como dicía Voltaire, ‘Cando o fanatismo gangrenou o cerebro a enfermidade é incurable’’ Ti que pensas? Coñeces a alguén así?


Ningún comentario:

Publicar un comentario