Incluíanse nestas actividades perseguidas que podían facer unha ampla serie de actos, dende medicina practicada por mulleres, a elaboración de beberaxes ou medicamentos, condutas en contra da relixión, a adiviñación e a maxia en si.
Poremos como exemplo un moi coñecido, a queima das bruxas de Salem, para explicar un pouco mellor de que se trataba o asunto. Na cidade de Salem (colonia británica no territorio norteamericano), nesta época van sucedendo unha serie de xuízos contra a xente acusada de facer bruxería e tamén a quen se relacionara con estes. Neste lugar todo comeza cando dúas nenas empezan a ter comportamentos estraños e din estar posuídas polo demo. Pero a cousa non quedou alí, tempo despois, empezábase a acusar a calquera. Por poñer un exemplo, se a túa veciña poñía en dúbida algo por costume da época ou vivían libremente a súa sexualidade, xa eran acusadas.
Eu a conclusión que saco é que isto era unha barbaridade e que se aproveitou para que o medo fixera non só ás mulleres máis caladas e acorde a unha serie de supostos ideais de feminidade e domesticidade, senón que tamén se potenciou o capitalismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario