Ben é certo que, pese aos accidentes automobilísticos diarios, incluídas as mortes, a xente non lle ten tanto respecto a viaxar en avión, e isto débese a unha desinformación xeral. Primeiro, imos falar de estatística; segundo AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea), a probabilidade de ter un accidente de avión é de unha por 5,4 millóns, mentres que a de morrer nun accidente de coche é de unha por cada 6700. Aínda non cres que sexa máis seguro ca viaxar en coche? Xeralmente, un avión é tripulado por dous pilotos, e ás veces dous pilotos e mais un enxeñeiro, mentres que un coche unicamente pode ser tripulado por un condutor. Os pilotos, teñen que aprobar un certificado médico cada ano, e sen contar a cantidade de exames psicotécnicos e psicolóxicos. Un condutor, ten que aprobar unicamente un ou dous exames psicotécnicos na súa vida, polo que non hai un control regular das capacidades físicas e mentais dos condutores, isto significa, risco. Un piloto, antes de poñerse aos mandos dun Boeing 737, ten que ter centos de horas nun simulador, recreando situacións de emerxencia e perigo, ten que pasar moitísimos exames teóricos e prácticos, coñecementos de como é exactamente o avión que voa, e a capacidade de reacción ante calquera acontecemento, mentres que para conducir un coche é suficiente con pasar un exame práctico e un par de teóricos.
Entón, por que a xente segue collendo máis o coche para viaxes longas? Pois ben é certo, que non todo o mundo pode permitirse un billete de avión, e os gastos que implica coller un taxi no aeroporto, para ir ao hotel... A fin de contas, o billete amortízase mellor ca encher o depósito de gasóleo; moito máis rápido, seguro, etc...
E se tan seguro é, por que hai avións que se estrelan? O 99,9% dos
accidentes de avión (porque non me atrevo a dicir o 100), son debidos a fallos
humanos, xeralmente de mantemento. Por exemplo, o voo 236 de Air Transat, un
Airbus A330, que quedou sen combustible na metade do Atlántico, debido a un
desprendemento dun latiguillo do sistema de combustible (fallo de mantemento).
Pois este avión chegou planeando dende a metade do Atlántico ata as Azores, con 0
vítimas mortais e un par de rodas rotas.
En conclusión, se queres chegar a un lugar dunha forma rápida, sen preocupacións e barata, viaxa en avión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario