mércores, 28 de outubro de 2020

O uso dos móbiles nas aulas, María Fieira Muíño, 1º Bacharelato B

O uso do móbil é un tema que sempre creou debate entre alumnado, profesorado e pais e nais, xa que unha parte desta xente amósase en contra da súa utilización, pero, polo contrario, hai outra gran parte que se amosa a favor. En xeral, o uso das novas tecnoloxías, onde, ademais dos móbiles, tamén engadimos os ordenadores e as tablets, é algo moi habitual nas novas xeracións e no noso día a día. 

Pero, por que os institutos se amosan tan inseguros e refrean o uso das novas tecnoloxías? Os mozos da miña idade, pertencentes a unha xeración tecnolóxica, cremos que o uso dos móbiles nas aulas podería ser algo beneficioso para nós, xa que é algo no que sabemos desenvolvernos e poderiamos sacarlle moito proveito no ámbito escolar. Deste xeito, sería unha boa chave para a realización de traballos e proxectos que nos axudarían no noso futuro. No caso de que non puidésemos utilizar os móbiles, como é o noso caso actual, poderiamos recorrer aos ordenadores e ás tablets, onde tamén atopariamos unha nova forma de traballo, que na miña opinión, penso que se faría máis amena porque sería algo co que nos gustaría traballar. 

En definitiva, o uso das novas tecnoloxías é algo inevitable co que conviviremos toda a nosa vida. Polo tanto, estaría ben un cambio no sistema educativo que incluíse novas chaves que nos axuden a formarnos nun ámbito tecnolóxico completando o emprego dos libros que xa utilizamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...