O racismo leva existindo dende a Idade Media e é inevitable que exista, xa que forma parte da natureza humana repudiar a outras persoas por distintas razóns. Mais, grazas aos esforzos de moita xente logrouse reducir esta maneira de pensar dunha forma xigantesca. Porén hai un par de meses atrás ocorreu en Estados Unidos o asasinato de George Floyd, un civil negro que morreu estrangulado debido á actuación abusiva dun policía branco. O mundo enteiro reaccionou a aquel acontecemento e entre todos denunciaron e condenaron aqueles actos racistas nese país.
Pero, algunha vez pensastes no racismo do voso pais? En España os inmigrantes son poucos aceptados nalgunhas partes do país, por exemplo, en Cataluña o 32% dos casos racistas non son denunciados segundo a Federación S.O.S racismo, sendo máis dun centenar de persoas as cales sofren de ‘abusos’ físicos ou mentais. Iso só contando Cataluña, sen contar ningunha das outras comunidades de España coma Andalucía, no que está o foco de chegada de inmigrantes ilegais que chegan de África.
O racismo español cara os inmigrantes é algo moi discutido e que xera moitas opinións diferentes do tema sobre todo se se destacan as reaccións cara a inmigración ilegal. As actitudes racistas en España non están tan extendidas coma nos Estados Unidos, no entanto, é algo que ten que desaparecer para poder ofrecer unha visión xusta, igualitaria e razoable sobre a situación deste colectivo de inmigrantes. Dime, que pensas ti?
Ningún comentario:
Publicar un comentario