Os casos de maltrato entre adolescentes creceron un 30% nun ano. Os expertos aseguran que este incremento se debe a que os mozos reproducen roles que xa se crían superados, patróns nos que o home é o dominante que controla a muller submisa e atenta. Ademais afirman que en máis da metade das situacións, non se identifica isto como violencia ata que xa é grave.
Así mesmo, vese que os comportamentos machistas se intensifícan aínda máis coas redes sociais, nas que inconscientemente moitas vítimas permiten actitudes que poden chegar a converterse en armas contra elas.
Para solucionar estes conflitos, todos coincidimos en que a educación e o máis importante. Pero os rapaces revelan que máis dun 50% deles nunca traballou na clase contidos relacionados con como corrixir o machismo, e outro tanto afirma que na súa casa non se fala abertamente destes temas.
Como conclusión, quero resaltar o dato de que dúas de cada cinco vítimas da violencia cren que a súa historia se podería evitar con prevención. Opinan que falta educación afectiva e en igualdade nos colexios, e tamén implicación das familias nestes ámbitos. En definitiva, é crucial o coñecemento e a concienciación para acabar dunha vez cos comportamentos e actitudes sexistas, para descartar a idea de que os celos demostran amor, e para aprender a identificar os signos antes de anotar un novo caso de violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario