martes, 17 de marzo de 2020

Coronavirus, Aldara Bergondo García (4º ESO B)


Paréceme que un tema de actualidade e de moita importancia é este, seguramente todos fagamos o mesmo tema pero porque aféctanos a todos e todas.
O coronavirus é unha enfermidade infecciosa causada por un novo virus que non detectara o ser humano ata a data. O virus comezou en China e causa enfermidades respiratorias, con síntomas de tose, febre,etc. Nalgúns casos de xente débil de saúde pode morrer.
Para protexerse de non collelo, é recomendable manter a hixiene de lavar as mans con frecuencia e poñer o cóbado cando tusimos.
A día de hoxe non só España está en corentena, senón que China e Italia, por exemplo, xa levan máis dun mes sen saír das casas, nós aínda estamos comezando.
Podo falar por parte de todo o mundo dicindo que o coronavirus nos estropeou plans, aos de 4º da ESO canceláronos a viaxe a Italia a pouco de ir porque non se podía claro, quedaron con 200 euros do que pagaramos, o cal é moi inxusto.
Tamén o tema de traballar nas casas estas (polo momento) dúas semanas, a gran maioría da xente non lle gusta pero é o que hai.
A miña nai saíu onte mercar ao Mercadona e dixo que aínda vía xente maior pola rúa, o cal paréceme que dá que pensar porque eles son os que corren risco de morte por moito que pensen que é unha parvada. Vexo necesario que todo o mundo quede na casa o tempo que sexa preciso para rematar con isto canto antes e así tamén poder ter un bó San Xoan e un bó verán que tampouco está mal.


Aldara Bergondo García, 4ºB.

luns, 16 de marzo de 2020

Tarefas para os grupos de 1º e 2º ESO

Á vista da situación tan inesperada que nos afectará estas próximas semanas temos que reorganizar o traballo na materia de Lingua e Literatura Galega doutro xeito.

Neste documento deixamos as indicacións para continuar durante estas semanas co traballo desde as vosas casas nos grupos de 1º e 2º da ESO.

Á parte deste blog xa iniciado a comezos deste curso académico, desde hoxe tedes para os grupos da profesora Rosalía Ferreiro esta nova bitácora A lingua de Moas, onde poderedes obter toda a información do desenvolvemento da materia.

Para calquera dúbida, explicación ou aclaración, podedes poñervos en contacto a través dos correos electrónicos das vosas profesoras da materia que encontraredes no documento que publicamos aquí.

E mentres tanto, coidádevos moito!!

Aproveitade estas semanas para ler, para debuxar, para tocar algún instrumento, ver filmes e mimarvos e deixarvos mimar (coa distancia de seguridade) polas vosas familias.

 Apertas virtuais!!

 Profesoras do Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Monte das Moas

Tarefas para as aulas de 4º da ESO

Á vista da situación tan inesperada que nos afectará estas próximas semanas temos que reorganizar o traballo na materia de Lingua Galega doutro xeito.

Neste documento deixamos as indicacións para continuar durante estas semanas co traballo desde as vosas casas nas aulas de 4º da ESO.

Para calquera dúbida, explicación ou aclaración, estamos en contacto a través do correo de sempre: remoealingua@gmail.com

E mentres tanto, coidádevos moito!!

Aproveitade estas semanas para ler, para debuxar, para tocar algún instrumento, ver filmes e mimarvos e deixarvos mimar (coa distancia de seguridade) polas vosas familias.

 Apertas

 Ana Martínez

martes, 3 de marzo de 2020

O Entroido dos Xenerais da Ulla

As alumnas de 2º E Greta González Mancebo e Nerea García Fandiño elaboraron esta fermosa presentación sobre os Xenerais da Ulla onde poderedes coñecer os traxes e os costumes deste Entroido galego.

Colocación do pronome átono

Para mellorardes na colocación do pronome átono en galego, imos repasar nun minuto estas regras ofrecidas no programa da TVG Dígocho eu:

http://www.crtvg.es/informativos/aprende-a-colocar-pronomes-en-1-minuto-digochoeu

Se cadra memorizádelo mellor co trap de Aquel-e...Ou pode ser útil escoitar esta versión das Aldaolado

domingo, 1 de marzo de 2020

Debuxos de Personaxes de Entroidos Tradicionais

O alumnado de 1º ESO debuxou estes fermosos deseños de Pantallas, Peliqueiros, Boteiros, Cigarróns, Xenerais da Ulla para celebrar o Entroido máis tradicional en Galicia.

https://photos.app.goo.gl/PdfdYeCaCdXPwTAi9

A tecnoloxía e a súa influencia, Nerea Sánchez Viqueira (2º ESO E)



Hoxe en día a tecnoloxía é algo imprenscindible para a maioría de xente e na actualidade constantemente obsérvase que o ser humano está sempre apostando por ela, é por iso que está aferrado a ela de tal maneira que se volveu parte da súa vida. Para o ser humano, se non hai tecnoloxía non se pode vivir, ou non se poden realizar as súas actividades. Nalgunhas familias a televisión vai formando parte da súa vida cotiá, e así cando, por exemplo, nunha comida a televisión está apagada hai certa incomodidade.

No caso dos adolescentes, todo o día estan pegados ao celular a través das mensaxes de texto, youtube, instagram… e mesmo algúns adolescentes no momento no que seu pai lles compra un móbil, estes non desexan un celular barato, senón que sexa caro e conte con todos os servizos; do caso contrario sentiríanse descontentos.

Segundo un estudo de Washington, a tecnoloxía domina as nosas vidas. Espertamos con ela e deitámonos con ela tamén. As grandes empresas manipulan os seus algoritmos para que os usuarios aumenten o uso do seu produto; para que se enganchense máis, eles poidan aumentar as suas ganancias a través da publicidade. Para os nenos, o problema é maior: debido ao uso constante de dispositivos, o 50% dos adolescentes considéranse adictos; o 48% dos que pasan máis de 5 horas co seu teléfono amosaron os seus sentimentos de depresión, illamento ou suicidio.

A tecnoloxía lentamente apropiouse da nosa sociedade. De acordo coa INEGI a porcentaxe de fogares con ordenador aumentou un 31% en cinco anos. Este dato foi escrito en 2005, o cal significa que nos nove anos despois disto, as circunstancias cambiaron aínda máis. Estas mesmas estatísticas tamén mostraron que a porcentaxe máis alta de usuario por grupo de idade ten entre 12 e 17 anos. A porcentaxe das outras idades son máis baixas e é verdadeiramente sorprendente que as persoas que máis as usan sexan deste rango de idade. Outras estatísticas de setembro de 2009 afirman que hai 1.73 billóns de usuarios da internet ao redor do mundo; isto é máis que as poboacións actuais de Colombia, EEUU, Canadá, Brasil e Mexico xuntos. Este número non quedou aí, no 2009, incrementouse polo menos por un 18%.

Estes números tan altos só indican a condición da sociedade en canto ao uso de Internet,  pero con só enfocarnos nesta pequena área da tecnoloxía, podémonos dar conta da importancia da súa influencia no mundo.


Nerea Sánchez Viqueira 2ºESO E