Paréceme que un
tema de actualidade e de moita importancia é este, seguramente todos
fagamos o mesmo tema pero porque aféctanos a todos e todas.
O coronavirus é unha
enfermidade infecciosa causada por un novo virus que non detectara o
ser humano ata a data. O virus comezou en China e causa enfermidades
respiratorias, con síntomas de tose, febre,etc. Nalgúns casos de
xente débil de saúde pode morrer.
Para protexerse de
non collelo, é recomendable manter a hixiene de lavar as mans con
frecuencia e poñer o cóbado cando tusimos.
A día de hoxe non
só España está en corentena, senón que China e Italia, por
exemplo, xa levan máis dun mes sen saír das casas, nós aínda
estamos comezando.
Podo falar por parte
de todo o mundo dicindo que o coronavirus nos estropeou plans, aos de
4º da ESO canceláronos a viaxe a Italia a pouco de ir porque non se
podía claro, quedaron con 200 euros do que pagaramos, o cal é moi
inxusto.
Tamén o tema de
traballar nas casas estas (polo momento) dúas semanas, a gran
maioría da xente non lle gusta pero é o que hai.
A miña nai saíu
onte mercar ao Mercadona e dixo que aínda vía xente maior pola
rúa, o cal paréceme que dá que pensar porque eles son os que corren
risco de morte por moito que pensen que é unha parvada. Vexo
necesario que todo o mundo quede na casa o tempo que sexa preciso
para rematar con isto canto antes e así tamén poder ter un bó San
Xoan e un bó verán que tampouco está mal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario