Os
xogos da XXXII Olimpíada, que estaba previsto celebrar entre os meses de xullo e agosto deste ano, terán lugar o ano que vén (2021).
Aínda
que o acordo para a suspensión dos xogos chegou hai uns días por boca do primeiro ministro xaponés, Shinzo Abe, e de Thomas Bach,
presidente do Comité Olímpico, esta medida xa estaba bastante
cantada porque dous comités nacionais, como son o canadense e o de
Estados Unidos, ían renunciar participar nos Xogos Olímpicos. O
certo era que manter a ilusión de que o acontecemento se puidese celebrar, era moi difícil, mais finalmente, por culpa das
circunstancias, non se poderá levar a cabo.
O
traslado dos Xogos Olímpicos é un feito inaudito na historia do
olimpismo e tamén representa, en palabras de Thomas Bach, un canto á esperanza “para celebrar que a humanidade superou esta crise
nunca vista antes”. O feito de que se manteña o concepto e a idea de
Tokyo 2020 é tamén unha maneira de dicirlle a todo o mundo que só
se trata dunha decisión temporal, que é durísima, tanto para os
deportistas como para o afeccionados. Mais primeiro de todo, a saúde vai por diante e o deporte pode esperar.
Na
miña opinión, que se apracen os Xogos Olímpicos non é unha
decisión que me entusiasme, pero como non sabemos canto tempo
estaremos combatendo o virus, paréceme unha idea intelixente e
previsora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario