sábado, 28 de marzo de 2020

Efectos na sociedade da Covid-19, Rebeca Vila Villar (4º ESO A)


A enfermidade do Covid-19 é unha afección respiratoria que se pode propagar de persoa a persoa. O virus que causa a Covid-19 identificouse por primeira vez durante a investigación dun brote en Wuhan, China. Nestes momentos, hai máis de 390.000 infectados en todo o mundo.
A mellor maneira de previr a infección é evitar a exposición ao virus que causa o coronavirus Covid-19 e manter unha correcta hixiene. Hai medidas simplemente preventivas e cotiás para axudar a previr a propagación de virus respiratorios.
O goberno de España decidiu decretar o estado de alarma para mobilizar o sector privado e os militares contra o COVID-19, medidas que non se tomaron antes; nin na crise da sida nos anos 80, xa que era cousa maioritariamente de prostitutas e homosexsuais nin na crise do ébola no 2014, porque era cousa de inmigrantes e de países aos cales era mellor non ir.
Descubrimos a solidariedade do noso país porque isto afectou a parte do mundo onde ninguén cría que algo así chegaría, á crème da crème de occidente; e non, a xente non está a ser solidaria porque se poña no lugar nin dos médicos, nin dos policías, nin de toda a xente afectada. Están a ser solidarios porque teñen medo de que chegue a eles.
Agora a xente adícase a aplaudir dous minutos todos os días pola xanela en honra a toda a xente que traballa tanto nun supermercado como nun hospital. A pregunta é: antes non merecían os mesmos aplausos? Obviamente merecíanos, pero era mellor aplaudirlle ao futbolista ou ao actor por entreternos.
Agora só queda esperar á gran crise económica que nos espera despois de que superemos o virus e ver de que outra maneira tan hipócrita como esta vai actuar a xente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...