luns, 30 de marzo de 2020

O coronavirus, Claudia Vidal Otero (4º ESO B)


O coronavirus (Covid-19 para os científicos) é, como xa todo o mundo sabe, un virus que apareceu en China arredor de decembro do 2019, pero non foi detectado coma tal ata xaneiro de 2020, o que lle deu marxe de expansión por toda China, e, máis tarde polo mundo enteiro.
A orixe do virus é descoñecida, máis parece que o seu obxectivo é ternos na casa (aínda que pareza que isto é o único que non fan os infectados).
Debo dicir, que aínda que só poidamos baixar á rúa se temos que pasear o can ou buscar a barra de pan, mentres en Italia se chega a 10 páxinas de necrolóxicas (esperemos que nunca se repita isto), e moita xente estea aproveitando a pandemia para “pintar a mona” pola rúa (vestidos de can, ou paseando a un invisíbel) coma todo, o coronavirus ten o seu lado “bo. Debido ao confinamento da xente na casa e ás prohibicións constantes, China, que é un dos países co índice de contaminación máis altos, reduciu a polución do aire nun 25%, e as canles de Venecia non estaban tan limpas dende hai décadas.
Por outra banda, o coronavirus fóra da enfermidade ten riscos para moita xente, coma aquela que, no seu confinamento queda atrapada cun maltratador, sen poder saír da casa, sen poder pedir axuda fóra dos teléfonos de atención e sen poder falar con alguén de confianza, ou coma as persoas que, por condicións alleas ao virus, viven nas rúas e cando chegan ao supermercado para mercar a comida do día (xa que o diñeiro moitas veces non dá para máis) está todo baleiro debido á xente que fixo compras antinaturais de flans ou papel hixiénico, quero dicir, está ben gardar comida, mais levarse toda a balda é egoísta e esta crise mundial está a demostrar que moita xente só pensa “no seu cu”.
Claudia Vidal Otero 4B

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO