luns, 30 de marzo de 2020

O maltrato e o abandono de animais, Claudia Amor Rodríguez (4º ESO C)


Os animais son seres vivos que senten, sofren e gozan, dependen moito das persoas e dos seus coidadospolo que deben ser tratados como elas. Teñen que ter uns dereitos e unhas mínimas condicións para vivir como as persoas porque son seres vivos que o merecen.
O noso país ten unha lei para este problema pero non é suficiente, xa que se seguen presentando moitos casos de maltrato e abandonos dos animais sobre todo dos cans.
Evitar estes casos está en man da sociedade, aínda que non sexas directamente creador desas situacións podes axudar de moitas formas, xa que podes denuncialo, axudar en asociacións, etc.
Hai moitos datos que indican que unha gran porcentaxe dos cans non teñen dono e outra gran porcentaxe de cans ou outros animais encóntranse abandonados e maltratados. Diversas organizacións protectoras de animais mostran que sete de cada dez animais son vítimas do maltrato e abandono.
Esta situación debe cambiar e mostrarse máis porque é un tema do que non se fala moito e é moi importante cara a sociedade.
O maltrato e abandono debería de ter moito máis castigo e a sociedade debería estar máis concienciada, sobre todo cara os nenos pequenos porque de rapaz quen non quere un canciño? Todos o queren e teñen que aprender que é unha responsabilidade, non un xoguete que aos dous días podes deixar de coidar e abandonalo.
En definitiva, quero afirmar que a lei ten que reforzarse e o tema ten que tratarse moito máis porque son situacións que non deben pasar nesta sociedade.
Claudia Amor Rodríguez.



Ningún comentario:

Publicar un comentario