Cando
pensamos nunha razón ou un problema polo que se nos serían
canceladas as vacacións, pensamos máis ben en algo como: unha
escordadura nun nocello ou ventos furacanados que non deixarían
despegar o noso avión. O que nunca se nos ocorrería sería que
aparecera un virus, que matase e contaxiara a poboación de todo o
mundo.
Porén, o máis rechamante non está nas cidades, que parece
unha versión de The Walking Dead con moito papel hixiénico, senón nas vilas, onde a maioría de persoas que habitan nelas son xente
maior ás cales o COVID-19 poder resultarlles mortal.
Estas
persoas seguen coa súa rutina diaria á marxe de que nas cidades a
xente está histérica porque cren que vai comezar un especie de
Terceira Guerra mundial ou que esta é unha estratexia dos gobernos
para librarse da poboación. Como resultado, temos que estas persoas
foxen ás aldeas e van infectar os seus residentes.
Estas accións fan que a xente que estando na aldea e que, inda tendo unha saúde delicada, estaba máis ou menos a salvo, agora teñan un serio problema. E o impacto máis importante foi cando os madrileños fuxindo de Madrid viñeron a Galicia, coa idea de ir tomar o sol a “Sanjenjo”.

Eu
creo que esta xente pensa que os galegos somos de ferro ou algo
semellante e que a nós non nos afecta o coronavirus, e aí teñen
razón: a nós o que nos afecta é o “escornavirus”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario