luns, 30 de marzo de 2020

A Terra pide a berros a súa recuperación, Naiara Medina Jiménez (4º ESO A)


Un tema que está a causar furor na actualidade é a aparición dun novo virus, o COVID-19 tamén coñecido como o “Coronavirus” o causante dunha pandemia mundial.
Agora mesmo
É unha gran desgraza este acontecemento, pero a verdade é qué tamén é unha gran axuda para a poboación do noso planeta, isto pode ser unha gran ensinanza de que se non nos coidamos a nós mesmos nin tampoco o noso contorno, poderíase apagar todo dun segundo a outro.
Nestas semanas estamos nas nosas casas, respectando a corentena (a gran maioría), para poder avanzar neste bache.
Debido á ausencia de actividade polas rúas, ríos, montes, etc. podemos observar que todo está máis limpo, en estradas con vexetación cerca apareceron animais sen medo, canles de Venecia limpas e con peixes. Sen a nosa aparición polos lugares, os demais seres vivos están mellor, máis tranquilos, libres, vivos, sen medo da especie humana, a cal pouco respecta os seus compañeiros de vida, os cales sempre nos axudan; os animais danlle alimento, os vexetais tamén, a parte do osíxeno que nos proporcionan.
Eu teño a esperanza e espero que logo disto todo cambien as nosas accións e xestos cara a natureza e os demais seres vivos, porque non somos a única especie no planeta, e actuamos como se así fora.
A Terra está pedindo a berros a súa recuperación, e está intentando mostrárnolo con esta enfermidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...