martes, 24 de marzo de 2020

Comeza a conta atrás..., Ariadna Alcalde Mahía (4º ESO B)


Estamos cargándonos o planeta. Van pasando os anos e aínda hai xente que nega esta evidencia. Queremos facer ver que si, que o comprendemos e que imos tomar medidas creando unha lista de obxectivos a longo prazo; pero cando chega o momento da verdade ninguén fai nada. Non se trata de mostrar o concienciados que estamos e tomar acción dentro dun tempo, senón de ter claro cal é o problema e actuar agora. Doutro modo chegará o día e xa non poderemos facer nada para remedialo. Ademais non se pide realizar algo doutro mundo, só cambiar algunhas malas rutinas do día a día. Se todos puxésemos o noso gran de area o traballo estaría feito.
A nosa sociedade ten que deixar de mirar polo ben individual e a influencia consumista do capitalismo. Porque a solución ao cambio climático non é o simple feito de reciclar, esa é unha moi pequena parte. O maior problema vén por parte das industrias, os procesos de produción, o transporte a nivel global...
Por todo isto, quizais deberiamos pensar mellor se compramos esa nova camisa que saíu hai 5 días ao mercado, se mercamos numerosos produtos envoltos en plástico, ou se imos coller o coche para ir á praia que está ao lado da nosa casa, porque todas as nosas accións contan.


Ariadna Alcalde Mahía 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario