luns, 30 de marzo de 2020

O milagre do gato marcado da Casa de Eiría, Lucas Franco Tilve (1º ESO C)


Conta a lenda que hai moitos anos unha familia nobre da Coruña vivía no castelo situado no monte de Eirís. Era unha gran familia coruñesa composta polo pai a nai e cinco fillos. Ademais contaban con outro membro:a súa gata Freyja, unha gatiña coa cara de duas cores.

Naquel tempo as enfermidades eran moi comúns e case imposible de tratar. Nestas cando os fillos eran pequenos o pai enfermou. Ningún dos galenos que o visitaron entendían o que lle pasaba. Dixéronlle á súa muller que ía morrer e que avisara o parroco para darlle o último sacramento.

A muller apenada, téndose que facer cargo dos meniños meteulle o gato na cama ao home para que lle fixera compaña nas súas últimas horas .

Ao mencer do día seguinte o home levantouse con ganas de almorzar. Sanara. Ninguén o podia crer. Era un milagre. Todos deron en pensar que fora a gata Freyja o que o salvara. 

Aínda hoxe se cre que os gatos marcados, coa cara de dúas cores poden protexer as familias das enfermidades e da morte. Son moi aprezados e queridos pola xente.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO