venres, 27 de marzo de 2020

Culpábel, Juan Sebastián Ángel Morales (4º ESO A)


Nesta sociedade a maioría das persoas ven as noticias coma a verdade absoluta aínda que isto non sempre é certo. Os medios informativos informan dunha forma superficial sen profundizar nalgúns temas, como é o tratamento da presunción de inocencia por algúns medios, comportamento moi inxusto para as persoas inocentes acusadas.
As noticias tratan a estas persoas coma culpábeis sen importar se os xuízos ou probas correspondentes indicarán nun futuro a súa inocencia ou culpabilidade. Por isto as persoas sen pensamentos propios e críticos déixanse levar por unha corrente corroída e comezan a crear pensamentos podridos e equivocados, por veces arruinando as vidas das persoas xa acusadas aínda sendo inocentes ou non. 
O problema non é cos culpables, é cos inocentes aos cales ´visten` cunhas roupas que non quitarán na vida e condicionaraos na súa supervivencia polos prexuízos da xente en xeral. 
Isto ocorre pola `gran´capacidade de desinformación dos medios comunicativos e a súa  falta de`obxectividade´ respecto a este tema acusando de culpábel a todo aquel que pasa polo tribunal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario