sábado, 28 de marzo de 2020

Un golpe de realidade ambiental, Inés No Mosquera (4º ESO A)


Hoxe en día o problema do cambio climático está moi presente na poboación e cada vez hai máis xente e gobernos que se encargan de poñer unha serie de medidas. No caso dos países, moitos dos máis industrializados, asinaron o Protocolo de Kioto para mellorar a saúde ambiental do noso planeta. Estados Unidos abandonou este tratado amosando a súa despreocupación polo benestar xeral, actuación debidamente criticada polo seu carácter irresponsable.

Como acabo de dicir cada vez hai máis opcións para a diminución da contaminación, como alternativas para os combustibles fósiles (enerxía eólica, solar…),filtros nas saídas de gases prexudiciais das fábricas, etc. O que ocorre é que a mellora é moi lenta e ademais ralentizada polas industrias que non cumpren as normas ambientais.

Aquí está o punto principal: esas industrias e derivados que non cumpren estas normas. Cada empresa ten un dono ou donos, dependendo do tipo de empresa, e eu pregúntome: esa xente dorme ben? Porque eu non podería con ese sentimento de culpa e sen a conciencia tranquila provocado pola creación de illas de plástico, destrución de ecosistemas enteiros, buratos na capa de ozono, deforestación e mil barbaridades máis que están presentes no día a día, no presente, e que moita xente non quere ver.

En definitiva, agradezo moito que exista xente concienciada con este tema e desexo que esa que aínda non o está, xa sexa por desinformación ou cegueira provocada polo diñeiro e a excesiva ambición algún día entren en razón e fagan deste mundo un mellor, para que os seus fillos/as, netos/as e vindeiras xeracións teñan o camiño máis sinxelo.

Inés No Mosquera 4ºESO-A

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...