sábado, 28 de marzo de 2020

Negocios ilegais, Jorge Franco Pan (4º ESO A)


O Goberno dos Estados Unidos presentou unha acusación penal contra o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, acusándoo de narcotráfico internacional. William Barr, fiscal xeral de EEUU, adiantou hoxe cargos xudiciais contra o xefe revolucionario por participar nunha organización criminal, en asociación coa guerrilla das FARC, para inundar o seu país de cocaína.

Ademais, o Goberno de EEUU puxo prezo á cabeza de Maduro e ofrece unha recompensa de 15 millóns de dólares por calquera información que leve ao arresto do mandatario venezolano e de 10 millóns de dólares por Diosdado Cabelo, o presidente da Asemblea Nacional Constituínte (ANC) e un dos homes fortes do chavismo.

Dende logo, as drogas non son nada boas nin para o consumo, nin para os negocios; así é como hai tantos conflitos entre estes dous países. Non é unha opción intelixente optar por esta maneira de obter cartos rápido.

Non son unicamente estes dous individuos os que andan a paus por esta búsqueda de capital, senón tamén xente normal coma pode ser un carniceiro ou un varredor.

Outros tipos de obtención de diñeiro, á parte de ilegais e arriscadas, rápidas, é a prostitución, algo que está moi candente no territorio do noso país, onde miles de mulleres son obrigadas a traballar coma se fose un circo. Na miña opinión, nos casos das mulleres obrigadas a facelo, aínda que lles paguen (xeralmente salarios mínimos que non poden chegar a cubrir necesidades básicas), están sendo violadas.

Este tipo de negocios son realidade, e algo que está ocorrendo día a día, tanto en institutos, coma nos traballos e nas rúas; canto menos persoas o fagan mellor, esa é a intención.








Ningún comentario:

Publicar un comentario