luns, 30 de marzo de 2020

A illa da morte, Ainhoa Otero López (1º ESO C)


Nun lugar non moi afastado do Ecuador, dise que hai unha illa diferente ás demais illas. Nela os animais son nobres entre eles, hai moitas clases de froitas e criaturas fantásticas, como as sereas.
Dise que nesta illa só se deixa ver ante as súas próximas vítimas, porque todos os aventureiros que andan na súa procura non a lograban atopar por non ter o desexo da cobiza, coma un famoso estafador que traballaba no mercado negro chamado Pepe Raimúndez, que un 20de xullo aventurouse cara ela atopándose nunha tormenta provocando que a súa tripulación morrera e Pepe naufragase na illa. Este foi axudado polas sereas que o trataron moi ben ofrecéndolle provisións e un novo barco para voltar á súa casa.
Este ao ver o posible mercado que habería podendo levar todas as fermosas criaturas da illa non se percatou de que o estaban observando. Ao día seguinte as sereas foron avisadas por un coello fantástico que se atopaba vixiando a Pepe,facéndoas cambiar de idea, e dende entón nunca máis se soubo do cobizoso Pepe Raimúndez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario