luns, 30 de marzo de 2020

Parón, Uxía Mosconi Lew (4º ESO A)


Estes días, semanas e meses son un oco en branco para algúns, exceptuando o persoal sanitario, a policía ou os traballadores do sector da industria. E ben que lles agradecemos todos os días ás 20 h, aínda que todo e pouco.

O resto atopámonos nas nosas casas. Din que hai que sacarlle partido a este tempo e facer as cousas das que non tivemos oportunidade. Ventás cheas de carteis solidarios, xente concienciada, partidos políticos aproveitando o momento para poñer na corda frouxa ao presidente do goberno...

Hai moitas críticas ao país polo tema do goberno, pero nos momentos excepcionais coma estes somos un exemplo a seguir, uns referentes, un exemplo de unión e compromiso.

No meu caso este baleiro de días sen as miñas rutinas das que estamos acostumados a vivir con elas como forma de vida, provócanme un parón a nivel deportivo e educativo, xa que todo deportista e alumno ten que facer un esforzo extra en non quedar atrás e seguir evolucionando.

Este confinamento repercute en cada individuo dunha maneira ou outra, da que nos deixou sen excursións e sen competicións. Esas competición nas que en dous minutos e medio plasmamos todo o traballo feito en meses e polo que non podemos baixar a garda ate o regreso aos adestramentos, igual que pasa cos estudos e coas probas de acceso.

Non son precisamente momentos de reflexión como din, son momentos de esforzo e vontade propia para seguir adiante. Para os adolescentes vainos ben para madurar no aspecto de individualizarnos, comezar a asumir os acontecementos da "vida real", e ser responsables co que facemos, autocontrolarnos e organizar o tempo, ser nós mesmos os que teñamos o control polo feito de non saber o que ocorrerá despois.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES