![]() |
Debuxo de Alberto González Aller |
Esta
lenda conta a historia dunha familia alemana, chamada Strupash, que
vivían en Hamelin, Alemaña.
Dise
que sobre os anos 1583-1586 a familia Strupash facían desaparecer as
persoas que lles caían mal, pero dunha curiosa forma, torturándoas
antes de matalas.
Conta a lenda que o primeiro no que se fixaba esta
familia era naquelas persoas que tiñan as unllas das mans máis
longas. Cando atopaban a súa vítima torturábanas quitándolles as
unllas dos dedos das mans como as dos pés, deixándolles esa parte
en carne viva. Tiñan tamén outro método aínda máis macabro,
cravarlles ás vítimas agullas nos ollos e nos pés. Co sangue que
saía facían a súa propia bebida, xa que dicían que bebelo daba
moitos máis anos de vida.
Un
día, a policía local de Hamelin colleu o pai da familia matando a
unha persoa no baño dun teatro. Os policías decidiron inmobilizalo
e levalo para a comisaría.
Polo
camiño dise que o pai Strupash cravou aos policías un gran coitelo.
Despois diso xa non se soubo nada máis da familia Strupash. A xente
do pobo di que aínda seguen vivos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario