mércores, 25 de marzo de 2020

Tauromaquia, tradición ou maltrato animal?, Susana González Aller (4º ESO B)


Os touros, tema de actualidade no noso país dende tempos inmemoriais e que parece nunca darse por concluído. Persoas que aínda ven o feito de cravarlle unha banderilla a un animal e chamarlle arte ou pensar que estes seres vivos non sofren, son só algunhas das afirmacións que hai que escoitar día a día.
Ultimamente o número de festexos taurinos levados a cabo en España descendeu, pero e que non só debería descender, senón erradicarse por completo e dunha maneira irreversible. Mitos como: se os touros non son utilizados para o “espectáculo” (tratando xa ás corridas de touros como método de entretemento), a especie extinguirase; ou, estes animais son naturalmente agresivos, a tauromaquia non recibe subvencións, etc, parecen pasar inadvertidos polo Goberno e as diferentes Comunidades Autónomas que seguen sen poñer un punto e final a esta “tradición”. Pesan máis os cartos e a preguiza dos políticos que a vida destes animais.
No Estado español hai excepcións nalgúns territorios, como as Illas Canarias, onde estas corridas non están permitidas, ou cidades como A Coruña, Vitoria e Cáceres, onde non hai feiras taurinas debido á retirada das subvencións municipais.
Para finalizar, gustaríame reafirmar o importante que é a loita contra a tauromaquia e ter en conta sempre os numerosos animais que tamén sofren e morren noutros ámbitos de explotación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario