venres, 27 de marzo de 2020

Tarde, mal e arrastro, Iván Couto Pintor (4º ESO A)


O Congreso vén de aprobar unha ampliación de 15 días do estado de Alarma, xusto na semana na que España supera a China en número de mortes polo coronavirus. Unha declaración de estado de alarma que chegou tarde e desorganizada.
Mentres no congreso se discutía se os Mossos ían ser competencia da Generalitat ou do goberno central, miles de madrileños facían as súas maletas e saían de Madrid cara as súas vilas natais, traendo consigo o virus.
Eses madrileños que só veñen a Galiza no verán ou a polos artigos da matanza, saíron de Madrid cara Galiza para escapar do virus, dunha forma tan temeraria coma irresponsable, cando estaba xa avisado que os desprazamentos debían ser limitados.
Galiza partía en vantaxe con respecto a outras zonas peninsulares, xa que case non había afectación pola pandemia, pero o goberno de Feijoo fixo oídos xordos á petición de blindar Galiza ante os centos de persoas que ían voltar dende Madrid, que lembremos é a zona cero do Coronavirus, e isto levounos á que a maioría dos casos detectados en Galiza teñan como orixe non ter pechado un dos principais focos de extensión no seu momento, como era Madrid.
Grandes especialistas e tertulianos televisivos falan agora de peche total do estado español poñendo China coma exemplo. China só illou totalmente a zona cero do virus, unha poboación de 10 millóns de habitantes, limitando a propagación do mesmo. Mentres en España declaramos un estado de alarma tardío, no que podes sacar 6 veces ao día o can a pasear e durante o cal, nos primeiros días, podía haber 50 persoas nun supermercado sen control nin precaución para evitar o contaxio.
Á rapidez na propagación do virus e á falta de control e organización por parte das autoridades, hai que sumarlle os máis de 1.000 millóns de euros recortados en Sanidade por parte do goberno de Feijóo e que dificultan o labor das traballadoras do Sergas, pero isto si que o pode arranxar o pobo galego, cando poñan nova data para as eleccións ao Parlamento de Galiza, que como dixo Rosalía, España de ti se olvida cando eres, ¡ai! tan fermosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...