Dende
hai uns anos un dos temas máis representados internacionalmente é o
da politización do clima, de como os políticos e as institucións
toman medidas para tentar solventar o problema do cambio climático.
Dende
hai un tempo os países comprometéronse a buscar solucións para a
crise climática, mais seguimos observando como o noso planeta vai en
decadencia e mentres tanto os políticos só gañan poder e
influencia a través das industrias.
A
politización do clima é un debate gubernamental que busca solucións
de maneira unánime, tentan mostrar solucións voluntarias, máis as
veces só exercen aquelas que lles son convenientes.
Suponse
que no 2020 se levará a cabo o acordo de París, onde se reúnen
países para chegar a acordos climáticos varios, como a diminución
da temperatura, pero o problema de tal reunión é que países como
China non forman parte e estes son 1/3 do problema global das
emisións. Poderían existir posibles solucións como a gran
influencia da Unión Europea no tema e con iso procurar conseguir
unha unión con China e facer que formen parte desta reunión e
conseguir controlar as emisións.
Así
mesmo hai que ter en conta o que acontece nos Estados Unidos, onde
certos políticos dicían, para conseguir votos, que "se
gañaban, un obxectivo sería que EEUU sexa do Acordo de París".
Pero
son suposicións, que non sempre se levan a cabo e a vida do noso
planeta encóntrase en alerta. E a pesar das supostas solucións, as
cousas non levan a súa velocidade ideal, deberían deixar de
disfrazar as palabras e executar xa a búsqueda dun cambio inmediato.
Brenda
Ramírez Vicente (4º A)
Ningún comentario:
Publicar un comentario