martes, 24 de marzo de 2020

As redes sociais, Tania Viqueira Fuentes (4º ESO C)


Hoxe en día é o tema máis falado nas conversas da xente. Pero, por que? Son tan boas? A verdade é que hai moitos pensamentos sobre elas. Pero si que é certo que son indispensables na vida, segundo de que persoa falemos.

Nas redes pódese encontrar de todo: cultura, gastronomía, campañas políticas, música... pero, é para iso para o que as empregamos? Teremos que erradicalas? Na miña opinión, o uso das redes sociais pode ser algo moi rico para a formación dunha persoa pero ao mesmo tempo, algo moi tóxico.

Moita xente vive diso: influencers vendendo a súa vida, o que fan diariamente. Moitas empresas contrátanos para que fagan publicidade, xa que chega a moita xente e a verdade é que está moi ben pagado. Pero as súas contas tamén están repletas de odio.

Aos músicos, as redes sociais danlles unha visibilidade moi grande cara o seu público e fanse coñecidos moito mais rápido; realmente, moitos artistas, hoxe en día, sen redes, non serían famosos e é unha mágoa porque, en moitos casos, considéranse artistas pola súa vida e non pola música, que é o que debería importar.

Pero erradicalas non fai falla, moita xente quedaría sen traballo, ademais as anteriores son algunhas das partes malas. Pero, grazas a elas temos noticias de última hora moi rápido, música gratis, podemos falar coa xente que vive moi lonxe de ti, unha causa benéfica chega a moita máis xente. 

Todo está no sentido común da xente. Nin tanto nin tan pouco.

Tania Viqueira Fuentes (4º C)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO