luns, 30 de marzo de 2020

Por pouco outra guerra máis, Aarón Varela Diéguez (4º ESO A)


Hai xa dous meses disto, pero foi algo importante e que afectou alguns países, principalmente Irán xa que perdeu unha persoa de alto rango militar e moi importante, o xeneral iraní Qasem Soleimani, que foi asasinado por Estados Unidos. Donald Trump confirmou que el ordenou o ataque.

Sempre están pelexando estes dous países, un por intentar manter a paz na zona e o outro por grupos rebeldes que queren arreglar as cousas á súa maneira. Este xeneral foi asasinado porque tiña as mans manchadas co sangue de estadounidenses; entón Trump eliminouno “para lograr a paz” como dixo el, pero, a paz con quen? Con Irán creo que non, en Irak, o parlamento votou a favor de pedir ao Goberno que decrete a expulsión das tropas estranxeiras no seu país.

Entón creo que esa non era a forma de solucionar as cousas, matar por matar non serve de nada, só crea máis caos, podes matar a altos cargos, a persoas importantes pero sempre haberá outros para reemprazalos e iso sería como un bucle, á parte de que hai xente inocente que está no medio do conflito.

Pola decisión que tomou Trump, agora está fóra de xogo, obrigado a retirar as tropas porque agora mesmo as tropas estadounidenses están no punto de mira dos iranís.

Estados Unidos intenta axudar pero en vez de adaptarse ou coñecer os seus rivais para que as cousas saian ben, eles soluciónano da súa maneira de forma violenta e vingativa e así conseguen inimigos e guerras.

Aarón Varela Diéguez 4ºA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO