luns, 30 de marzo de 2020

Acoso escolar, Gabriel Ares Bravo (4º ESO A)


Por desgraza, na sociedade de hoxe en día escóitanse moito estas palabras. É un tema de actualizadade que é ignorado por moita xente aínda que moi coñecido. Os medios de comunicación, son os que lle deberían dar voz (non só os medios de comunicación, pero estes son importantes á hora de dar a coñecer feitos e noticias), pero estes trátanos moi por enriba (coma outros temas importantes, como o machismo) e iso fai que a xente non lle dea a importancia que debería darlle.

O acoso escolar ou ``bullying´´ existe desde hai bastante tempo, de feito o acoso nas zonas de traballo tamén. O acoso escolar (centrareime no escolar) é un tipo de molestia, desprezo ou insultos (non ten por que chegar ao dano físico) a unha persoa ou grupos de persoas.

Moitas veces as vítimas pensan que é normal que as insulten e que as discriminen, e iso non é así, cando te acosan necesitas dicirllo a alguén de confianza, como aos teus pais ou irmáns, axudarante moito e seguramente parará ese acoso.

Os acosadores moitas veces intentarán defenderse co inocente ``é unha broma´´ ou ``estamos xogando´´, e se non, non lle verán gravidade ao asunto, xa que pensarán que a vítima é inferior a eles e, o que están facendo, é algo normal.

Para parar este acoso temos que concienciar aos máis pequenos para ensinarlles o que é e porque é prexudicial. Así non haberá tantos problemas entre eles e poderemos evitar ata suicidios. Xuntos podemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES