Chegamos a unhas circunstancias tan inesperadas, ou
nunca vistas, pois é a primeira vez que acontece en España, e case no
mundo enteiro, unha circunstancia como a que estamos vivindo todos nós
nestes últimos meses.
O
que quero dicir con isto é que chegado ao momento máis crítico desta
pandemia, o único que podemos facer é manter a calma. Por que?
Porque isto non é unha apocalipse nin nada polo estilo. Aínda que
tanto en España coma noutros lugares parece que en vez de chamarse
COVID-19, semella ser unha película de terror ou mesmo de acción,
pois con estas ideas o único que estamos provocando é quedar sen produtos frescos no supermercado, sen espazo nos hospitais, sen as persoas
máis sabias nas nosas vidas: os nosos maiores. Esas persoas que o dan
todo por nós, que nos ensinan o verdadeiro significado do amor, da
amizade, da valentía e doutras cousas moi importantes no noso
día a día como é a historia do noso país na súa época, no noso
pasado, cousa que pode influír tanto no noso presente coma no noso
futuro.
Algunha
vez pensastes o que sería unha vida sen eles? Eu si, e xa vos digo
que non sería chamada nin vida.
Chegando
ao fin da cuestión o único que podemos facer é estar na casa
realizando os traballos da casa, da escola… e non saír pasear o
can 20 veces nun día, nin saír correr, e moito menos saír e
desobedecer as autoridades como están aparecendo casos na
localidade de Madrid, entre outras moitas.
Ao
principio todo semellaba unha comedia, pero agora xa está chegando a
un punto que necesitamos que todo o mundo sexamos unha piña como ben
fixo Xapón, o foco deste coronavirus e un dos principais infectados.
Con isto o único que estou a dicir é QUEDA NA CASA!
Ainhoa
Tajes Rodríguez, 4º ESO B.
Ningún comentario:
Publicar un comentario