Onte,
saíu á luz que Filipe de Borbón, Xefe de Estado, renuncia á
herdanza do seu pai, o Rei Emérito, por supostos fondos en paraísos
fiscais.
Ultimamente
os cidadáns que pertencemos ao
Estado español xa estamos acostumados a que os políticos sexan
corruptos, pero nunca saíra á luz que un Xefe de Estado fora
corrupto. O actual
Rei, Filipe, desherdou o seu pai D. Xoán Carlos, xa que se deron
a coñecer os seus beneficios polas contratacións de empresas
españolas ao levar o AVE á Meca. Tamén se soubo
que lle dera uns 100 millóns de euros a Corina, a súa amante, e
esta, á súa vez, denunciouno no
Reino Unido por extorsión para que non revelase
segredos de estado, etc. Creo que a Coroa non se vira tan afectada
tras o escándalo da Infanta Cristina e o caso Nóos.
Filipe,
ao
quitar o seu pai da actividade pública e retirarlle o seu salario,
que, por certo, pagamos todos, está, á súa vez, recoñecendo esas
actividades escuras do seu pai. Actualmente, na situación de
corentena na que estamos, a xente non pode saír
á rúa, o que impide unha manifestación ou acto en contra da
monarquía. Por iso, paréceme un xesto feo por parte de Filipe.
Agora
é o momento de facer un referendum,
o momento de saír á rúa e berrar ben forte o noso desexo pola III
República Española. Un desexo por un estado que nos recoñeza na
nosa pluralidade lingüística e cultural. Se non é agora, témome
que non será nunca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario