luns, 30 de marzo de 2020

Sobre as redes sociais, Fátima Muñoz Ríos (4º ESO B)


As redes sociais convertéronse nun fenómeno de magnitude global que creceu exponencialmente co paso do tempo. Este fenómeno converteuse nunha nova forma de socialización, comunicación e interacción entre as persoas, pero como todas as cousas teñen vantaxes e desvantaxes.
As vantaxes que teñen as redes sociais son que facilitan a comunicación entre as persoas. Tamén poden compartir as súas experiencias que fan e que as persoass que te seguen as vexan. A nivel empresarial resulta ser moi vantaxoso, xa que poden facer publicidade e axudan a difundir o que venden. Poden xerar movementos de xenerosidade e solidariedade de forma masiva.
As desvantaxes son que borran do público o límite do privado e do persoal e poden chegar a ser perigosos se se exhiben datos persoais ou mesmo fotografías e tamén ser adictivos e quitar un gran número de horas ao día. É perigoso xa que poden difundir movementos nocivos para a saúde, como a anorexia, o acoso escolar ou o xa coñecido xogo da balea azul.
En cloncusión, se has sabes usar non terías ningún problema con elas sempre cando sexa cun fin bo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO