domingo, 29 de marzo de 2020

As redes sociais, Adrián Díaz Saiz (4º ESO B)



Hoxe en día, as vidas dos adolescentes baséanse nas redes sociais, pero que tan boas son? É unha pregunta que moita xente se cuestiona, pero á que non se lle adoita dar resposta. Na miña opinión, as redes sociais están ben para compartir o que fas cos teus amigos, charlar un intre ou simplemente botar unhas risas vendo memes, pero sempre que sexa só un tempo arredor de 30 minutos ou 1 hora.

O problema é que os adolescentes, ao ser nativos dixitais, non lle dedican ese tempo senón que hai adolescentes que lle dedican máis de 4 horas ao día ás redes sociais, o que, á parte de poder provocar problemas na vista, pode levar á dependencia das redes, o que fai que esa persoa só sexa capaz de sociabilizar a través das redes e que na vida real non se relacione con ninguén. Tamén pode provocar que esa persoa crea que o sabe todo polos memes actuais e non se dea conta de que ao seu redor hai moitas cousas que descoñece (feitos históricos e culturais,...).

Tamén creo que as redes sociais non son boas porque teñen un gran potencial para difundir bulos ou algo peor coñecido como sexting.

Por iso eu creo que as redes sociais son boas se se lles desen un uso correcto, pero ao non llelo dar, para moita xente son prexudiciais. Eu penso que se debería facer algo para tentar frear os malos usos delas, como limitar o tempo de conexión a elas e que se continúe coas sancións á xente que as usa difundindo información falsa ou acosando a través delas.

Adrián Díaz, 4º B

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES