martes, 24 de marzo de 2020

A lenda do Dragón do Fórum, Carla García Soto (1º ESO C)


O 16 de xaneiro de 1809 ocorreu na Coruña algo moi desagradable para todos nós, foi a batalla de Elviña. Nesta batalla houbo moitas mortes. Este suceso chegou ata onde hoxe en día está o museo ou Fórum Metropolitano.
Este fórum ten un parque exterior onde hai un enorme dragón que ten a cola enterrada baixo terra e sobresae ao exterior a súa punta.
O dragón é unha estatua pero nos seus tempos ese dragón estaba vivo. Na batalla os franceses trouxeron un dragón para poder gañar, pero saíulles mal.
Un cabaleiro español, exactamente coruñés, avisou ao mago máis sabio do reino sobre o dragón. El e mais o Rei decidiron converter o animal en pedra.
O cabaleiro levou ao animal ao parque e o mago sabio converteuno en pedra.
Hoxe en día os nenos utilizan ao dragón como tobogán.
Hai moitas lendas sobre isto. Cóntanas en campamentos, actividades, etc.
Moitas destas lendas son moi simpáticas e alegres, pero aínda atopamos nenos cunha extraña conexión co dragón. Cremos que os nenos falan e entenden ao dragón...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO