luns, 30 de marzo de 2020

Expresión nas paredes, Marta González Raña (4º ESO A)


Cando comezo a escribir este artigo de opinión véñenseme á cabeza os debuxos que agora pintan os artitas nas fachadas dos edificios, por exemplo, os debuxos que se pintaron nas fachadas dos edificios de Ordes.


Debuxar nas fachadas, na miña opinión é unha nova forma de ensinar a arte dalgúns artistas urbanos.

Pero sempre que sexan cousas ben feitas e que teñan algún significado, non como algunhas persoas que se dedican a facer pintadas que non teñen ningún significado e só por diversión, ensuciando o territorio urbano.

Pero non só e a vila de Ordes a que fai estos debuxos, na Coruña ou en Carballo tamén hai destas obras de artes, pero algunhas foron estropeadas por alguén e xa non se poden aprezar.

Sen dúbida algunha desta nova forma de expresar a arte é incrible e é unha forma nova de coñecer a novos artistas que ao mellor non poden expoñer as súas obras doutra maneira.

Marta González Raña 4ºB




Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...