martes, 24 de marzo de 2020

Unha comedia para todos os públicos, Olga Fernández Marta (4º ESO A)

Entre aplausos e discursos baleiros atopámonos estes días encerrados nas nosas casas mentres os políticos se locen como se foran actores ou actrices (a súa verdadeira vocación) ou mellor dito pallasos.

A súa última actuación, quizais a máis cobizada, é o conxunto de medidas tomadas debido a esta nova pandemia, a Covid-19. O de que os médicos son médicos por vocación é a bandeira favorita de moitos para así explotalos como se foran máquinas, pero isto xa está chegando a un punto insostible.

É imposible non comparar a Alemaña con España, que segundo os datos teñen un número de afectados semellante, mais o número de mortos é un mundo diferente. O número de infectados non é real e non se están facendo os tests suficientes. Os culpables? Os políticos que  se resisten a facerlle probas á poboación.

Neste momento moitos médicos teñen que mentir sobre se teñen síntomas, pois, aínda que estiveran en contacto cun infectado, non lles farán as probas, algo ilóxico xa que todos están tratando infectados sen máscara e consecuentemente, teñen máis probabilidades de estaren contaxiados.

Logo nas rodas de prensa dirán que son uns heroes ou que debemos aplaudilos, mais cando chega o momento de darlles as forzas e os materiais para loitar contra este virus non están ao nivel.

Obviamente o Estado non ten os medios necesarios, pero quedarse a medias nun protocolo totalmente necesario non é unha opción. Se queren que o sistema sanitario non colapse e que non morra máis xente da que morrerá inevitablemente, deberán comezar a tomar as medidas que fan falla para que o noso país non quede en crise, non para uns meses senón para anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...