O
feminismo é un movemento que leva en auxe moitos anos e cada vez a
xente interésase máis por este tema. Céntrase na defensa dos
dereitos das mulleres e na búsqueda da igualdade entre mulleres e
homes. Grazas ao feminismo, hoxe en día pódese ver que a situación
das mulleres mellorou respecto a anos pasados.
A
pesar diso, aínda existe unha superioridade, sen sentido, do home
sobre a muller nalgúns casos; como, por exemplo, que o salario dun
home sexa maior ca o dunha muller e realizando o mesmo posto de
traballo; ou en casos máis cotiáns, coma as discriminacións que
sofren as mulleres que non seguen os regulamentos de beleza impostos
pola sociedade. Vexo importante nomear tamén os numerosos casos de
violacións ou de violncia de xénero (que pode levar a maltrato
físico, psicolóxico e incluso á morte); neste ano 40 mulleres
foron asasinadas por violencia de xénero.
A
muller non é un obxecto, non é un útil capaz de producir pracer,
non é unha figura que se atope detrás do home; totalmente o
contrario, sen as mulleres nunca existiría a historia nin a
literatura tal como a coñecemos agora; xa para comezar, a muller era
o cento de inspiración da maioría dos poetas.
No
século pasado as mulleres comezaron movementos de reivindicación
(manifestacións,etc) nos cales se esixía a igualdade de dereitos
entre os sexos e foi demostrado que elas soas non son capaces de
conseguir a igualdade, senón a diversidade.
Hoxe
en día todos somos iguais; as mulleres poden facer miles de cousas
que moitos homes non serían capaces e penso que é necesario deixar
de lado ese sentimento de inferioridade por ser muller e ese de
superioridade por ser home.
Ninguén
elixe quen quere ser cando nace e penso que xa que todos nacemos nas
mesmas condicións, estudamos baixo os mesmos regulamentos e nos
rexemos baixo as mesmas normas, todos debemos ser tratados da mesma
maneira.
Por
iso, tanto homes como mulleres temos que concienciarnos do machismo
que se pode aprezar hoxe en día para acabar con el totalmente e
conseguir a igualdade entre todos; aínda que é un pouco difícil na
sociedade actual e queda aínda un longo camiño para lograla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario