sábado, 28 de marzo de 2020

Os sentimentos dos adolescentes, Águeda Millán Pena (4º ESO A)



A todos os adolescentes nos din que temos que madurar, que non somos responsables e que non aceptamos as nosas propias circunstancias; que nunca estamos de acordo co establecido, que somos “uns rebeldes”. Tamén nos din que temos que sacar boas notas para ter un “bo futuro”, indo á universidade e estudando unha “prestixiosa carreira”. Cando levamos a casa unha mala nota sentímonos culpables, rífannos por “ser uns vagos” ou por “non esforzarnos o suficiente”. Noutro ámbito, por exemplo, no que respecta aos vínculos que temos coa xente, sentimos que nos están xulgando por calquera cousa que digamos (ou incluso pola música que escoitamos na radio ou os programas que vemos na televisión). Todo isto sumado aos cambios que nos están ocorrendo (cambios físicos e psicolóxicos) non fan que se teña unha estabilidade emocional moi grande.

A maioría dos adolescentes non están cómodos co seu corpo (fixen varias entrevistas a uns amigos meus de diferentes idades [dende os 13 ata os 18 anos] e, de 10 partes do corpo [que dixen que puxeran se tiñan ou non inseguridades], todos estaban moi diferenciados no que consideraban defectos, pero numericamente todos tiñan máis de 5 inseguridades (o máis común: a barriga e as pernas).

Podería ser que estas inseguridades se deberan ás redes sociais? Probablemente: a xente quere mostrar que teñen unha vida perfecta para que as demais persoas sintan envexa delas. Pero non soamente son as persoas que suben posts ao Instagram teñen a culpa. Todo o sistema educativo quere soamente ao “mellor dos mellores” (o que saca 10), e aos que non chegan ao aprobado os colocan nun apartado titulado “casos perdidos”.

Entón, que poderiamos facer ante toda esta falta de autoestima?

Falar, falar e falar. Falar cos vosos fillos, cos vosos amigos, cos coñecidos e tamén con descoñecidos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...