O
feminismo é un movemento social que defende a igualdade de dereitos
das mulleres frente aos homes ante a lei. Os primeiros movementos
feministas comezaron dende o 1900. No 1918 fúndase a Unión Feminista Nacional co concurso de Alicia
Moreau de Justo, e en 1920 créase o Partido Feminista dirixido por
Julieta Lanteri.
Na
actualidade, o movemento feminista cada vez é maior debido ao apoio
de case todos e todas. Antigamente as mulleres eran sometidas a
desprezos, abusos e inxustizas e non tiñan ningún dereito ante a
lei, pero dende non hai moito, grazas aos movementos feministas de
poucas mulleres, cada vez as protestas son máis fortes e numerosas,
incitaron a outras persoas de colaborar coa causa e aínda a día de
hoxe estamos nese proceso de loita contra ao sistema.
Moitos
son os puntos que este movemento defende, pero un dos máis
destacados e preocupantes é a violencia de xénero que provoca ao
ano moitísmas mortes de mulleres inocentes. Ou todas as
violacións que se producen e os asasinatos que acaban coa vida de moitas
delas, por non falar de que a xustiza non sempre actúa adecuadamente á hora de xulgar estes
sucesos. Os movementos feministas queren intentar cambiar isto e
poder facer deste mundo un lugar mellor para todos e todas.
En
conclusión, o feminismo é o método que temos que seguir para poder
obter a igualdade e poder destacar polos nosos esforzos e que non teñan nada que ver coa nosa sexualidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario