Como
xa sabedes, o rei emérito recibiu unha doazón do rei de Arabia Saudí
de 100 millóns de dólares supostamente como comisión pola
concesión a empresas españolas das obras do AVE á Meca.
Esta comisión recibiuna cando aínda era rei, e polo tanto inviolable. A fiscalía Suíza leva tempo investigando a posible existencia de corrupción nesta transferencia que se fixo a unha fundación panameña chamada Lucum, e que está vinculada ao rei emérito. O 14 de marzo de 2020 “The Telegraph”, un diario británico, revelou que o rei Felipe VI aparecía como segundo beneficiario desta fundación nun paraíso fiscal.

Felipe
VI, a pesar de saber dende un ano da existencia desta fundación,
comunica o 14 de marzo, un día despois de que se fixera público,
que renuncia á herdanza do seu pai, e que ademais lle retira a súa
asignación con cargo aos Orzamentos do Estado. Desta maneira intenta
lavar a súa imaxe e a da casa real.
Felipe
VI non pode renunciar á herdanza porque o Código Civil o prohibe ata
que ten lugar a morte da persoa que lega. Ademais, parte da herdanza
que recibe do rei emérito é precisamente ser rei. Entón, Felipe VI
está renunciando ao trono?
Xa
estamos en pleno século XXI. Os reis, as raíñas, os príncipes e
as princesas están mellor nos contos que na realidade. Xa vai sendo
hora de instaurar unha república.
Aitor
Vigo Cruz
Ningún comentario:
Publicar un comentario