![]() |
Debuxo de Sofía Calderón Iglesias |
Esta meiga vivía alí desde había anos, nun castelo moi antigo. Ela nunca lle fixera dano a ninguén ata aqueles momentos. Na aldea só se oían os paxaros cantar e a auga baixar do río. Os seus habitantes nunca corrían e tampouco berraban por nada.
Mais un día, en pleno agosto, a meiga abriu a porta do seu castelo e deixou ver ao resto da poboación a súa creación máis grande. Nese momento un xigante con oito brazos e catro patas saíu lentamente do castelo.
De súpeto, o xigante chamado Pedro, empezou a destruír todo o que se lle aveciñaba por diante. Os veciños, moi asustados, berraron e correron por primeira vez ata as súas pequenas casas para poñerse a salvo. A meiga, moi satisfeita da súa nova creación, pasaba o día mirando como a aldea se ías destruíndo.
Ao cabo duns minutos, os cidadáns cansáronse e con forza e vontade puideron derrotar o xigante. Da meiga encargouse a policía, xa que a encerraron no cárcere polo resto da súa vida.
Desde entón a vida alí volveu ser como antes, pero hai xente que di que Pedro, resucitou aos poucos días de ser enterrado e aínda anda polos arredores da aldea...
Ningún comentario:
Publicar un comentario