Hai
centos de anos nunha granxa nos arredores do reino vivían dúas
irmás orfas. Estas irmás tiñan dous fermosos nomes, unha chamábase
Aura, que facía referencia á deusa da brisa e ao aire fresco; e a
outra chamábase Selene, un bonito nome que se refería á deusa da
lúa.
Tanto
Aura como Selene parecíanse moito á súa nai, que morreu a causa da
peste negra, unha enfermidade
que levou con ela a media aldea. Ese foi un tempo moi duro para as
nenas no que só podían saír á rúa unha vez ao mes sen a súa
nai.
As
rapazas eran moi fermosas, pero o que as diferenciaba era a cor do
seu cabelo. Aura era loura, pero Selene tiña o pelo negro coma o
acibeche.
Un
día as rapazas foron á feira do seu reino para ir vender unha
garrafa de leite. Alí atoparon un fermoso rapaz que afirmaba ser o
príncipe dun reino veciño. Chegara alí para atopar unha esposa e
non marcharía sen ela.
Nese
momento, o príncipe mirou a Aura e Selene e namorouse delas. Non
sabía cal elixir e por iso propúxolles un acordo, díxolles que se
algunha delas era capaz de traizoar a outra, casaría con el.
As
irmás quedaron sorprendidas por esa proposta e dixeron que non, pero
unha noite no palacio Selene puxo unha gota de veleno no vaso de Aura
e esperou a que o tomara. Pero os gardas do príncipe vírona e
arrestárona.
Cando
Aura o descubriu quedou moi triste. E foi así como o príncipe soubo
con cal irmá debía casar. Ao final Aura casou co príncipe e
viviron felices para sempre.
E
así foi como se creou a traizón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario