martes, 24 de marzo de 2020

#euquedonacasa, Laura Sánchez Viqueira (4º ESO B)

Este ano xurdiu un novo virus coñecido como “coronavirus”, nun principio tomábase a broma, pero non nos estabamos dando conta dos sucesos que nun futuro nos acontecerían. Quen ía pensar que cancelarían as clases por unha nova enfermidade? Ou que estariamos nunha corentena só podendo saír para ir á compra? 

Pero as autoridades falaron, e despois de dar toda a información que tiñan ata ese momento, pecharon todos os locais, centros comerciais, bares... só manténdose as farmacias e os supermercados. Querían acabar con este gran problema que estaba afectando, principalmente, á economía do noso país. E non querían chegar ata o punto no que se atopaban Italia ou China, os maiores infectados. 

Tras menos dunha semana de corentena, os cidadáns escusábanse para baixar á rúa, moitos seguían tomándoo a broma, en resposta, moitos medios de Internet e aplicacións, coma Instagram ou Twitter, crearon uns hashtag coñecidos como #euquedonacasa, mediante os cales publicaban medidas contra o coronavirus, ideas para pasar a corentena... e moita máis información que concienciaría á poboación a facer caso ás ordes do Goberno. 

A pesar do esforzo nas redes para deter a expansión deste novo virus, quen ten que actuar somos os cidadáns. Aínda que unha gran parte de nós, especialmente os mozos e mozas, intenten axudar agardando na casa e só saíndo o necesario, hai outra porcentaxe da poboación que segue vendo o coronavirus coma unha gripe calquera e non ven a gravidade actual, a cantidade de contaxiados é demasiada e os hospitais fan un gran esforzo para atendelos a todos e, ademais, seguir tratando outros casos. 

Por iso debemos continuar co hashtag, compartilo e demostrar como estamos ante un problema actual e se todos poñemos o noso gran de area, podemos loitar contra o coronavirus e volver á normalidade canto antes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...