mércores, 29 de xaneiro de 2020

As Irmandades da Fala e o contexto das Vangardas

Para coñecermos o contexto histórico da Galicia dos anos 20 no que xorden as Irmandades da Fala e o no que agroman os movementos poéticos de Vangarda que agora estamos descubrindo nas aulas de 4º da ESO, estes dous vídeos elaborados por Antón Varela e publicados no xornal dixital Vinte.


Capítulo 1

https://vinte.praza.gal/video/os-20-do-xx-capitulo-1-unha-ollada-a-galicia


Capítulo 2

https://vinte.praza.gal/video/os-20-do-xx-capitulo-2-as-irmandades-da-fala


Capítulo 3
https://vinte.praza.gal/video/os-20-do-xx-capitulo-3-literatura-e-teatro





Super Pataca, recomendación de Lucas Mouriño de 1º C



Super Pataca antes chamábase Super Max, pero o seu inimigo volveuno unha pataca. Loita cunha lagartixa chamada Arquibaldo, o escamudo e entra na súa casa polo váter.
No principio do libro, Super Pataca viaxa ao pasado para tenta evitar o que lle fixera o seu inimigo converténdoo nesa hortaliza.
Arquibaldo quere ser o malo número un e, entón, métese polo váter e secuestra a moza que lle gusta a Super Max, pero a ela non lle gusta e el non se dá conta. Logo persegue a Arquibaldo ata as cloacas e encontra a súa casa, salva a moza e dálle un bico.
El volve e deixa que o seu eu do pasado se convirta en pataca, volve ao futuro e remata o libro.

Este é o cómic que lin porque é moi gracioso, a idea de que unha pataca sexa un superheroe faime rir moito.

martes, 28 de xaneiro de 2020

Webgrafía para entedermos as Vangardas internacionais nas artes plásticas e na literatura


VANGARDAS ARTÍSTICAS. ARTES PLÁSTICAS E PINTURA

VANGARDAS

Vanguarda na literatura portuguesa



Vanguardias européias



SURREALISMO

El surrealismo en la literatura


Que es el surrealismo?


El vanguardismo literario: características e representantes



DADAÍSMO

Dadaísmo: Historia de la negación del arte



Vanguardias del siglo XX: Dadaísmo



CUBISMO

El Cubismo: características, obras y autores. Historia del arte y de la literatura.


Cubismo literario



CREACIONISMO

Creacionismo. Vanguardias

Creacionismo literario


ULTRAÍSMO

El ultraísmo literario

https://www.youtube.com/watch?v=vlJPmKVZGl0


AS VANGARDAS EN GALICIA


 Contexto histórico en Galicia a partir das fotos de Ruth Matilda Anderson.



O Manifesto máis alá

https://www.youtube.com/watch?v=crxKP-3-Sps

mércores, 8 de xaneiro de 2020

As Vangardas en Galicia

Co comezo do segundo trimestre, nas aulas de 4º da ESO introducirémonos no período das Vangardas e para iso comezaremos por facer unha introdución ao contexto histórico e aos principais movementos das vangardas artísticas e literarias internacionais para profundizar a continuación na especificidade das correntes poéticas e artísticas no contexto galego.

 

Antroponimia e onomástica galega


Para traballarmos aspectos relacionados coa antroponimia galega investigaremos sobre os nosos propios nomes e apelidos e dos do resto dos compañeiros do noso grupo.

Os apelidos de hoxe orixináronse pola necesidade de identificar e distinguir as persoas. E para iso utilizáronse sobrenomes, patronímicos ou designativos de lugar (topónimos), que só se comezaron a facer hereditarios en Galicia desde finais da Idade Media.

A maioría dos apelidos de Galicia teñen orixe en nomes de lugar (apelidos toponímicosPiñeiro ou Castro), en nomes de persoa (apelidos patronímicosGonzález ou Vázquez) ou en nomes de oficios, dignidades, animais, características físicas, etc. (apelidos lexicais: Ferreiro, Conde, Pita, Rouco ou Louzao).

Para saberdes algo máis do significado ou da orixe dos vosos nomes, é útil esta páxina

Nomes galegos de hoxe e onte. Antropónimos galegos e galaicos

Mesmo hai compilada unha listaxe de hipocorísticos ou apelativos familiares ou afectuosos dun nome propio neste artigo.

Para consultardes de onde provén ou o significado do voso apelido, podedes visitar as seguintes páxinas:


A Cartografía dos Apelidos de Galicia proporciona información que pode resultar de interese para diversas disciplinas: a dialectoloxía, a historia do léxico, a sociolingüística, a demografía, a historia da economía, a xenealoxía, etc. E achega ademais información sobre a distribución por concellos dos apelidos en Galicia.

E mesmo un dicionario xeral de lingua galega como Digalego ou Dicionario da Real Academia Galega poden achegar información interesante sobre os apelidos de orixe galega.

E para repasar todo o aprendido sobre a antroponimia galega déixovos este interesante artigo elaborado pola profesora Pilar Ponte, A Profa, cuxo blog vos recomendo para profundizar en moitos dos aspectos vistos nas aulas.

Tamén é moi interesante para profundizar neste tema esta publicación do IES San Clemente sobre antroponimia e onomástica galega.

Atrevédevos a descubrir a orixe e significado dos vosos nomes e apelidos e tentade investigar todo o relacionado coa súa historia, evolución e por veces castelanización dalgunhas das súas formas.

O anime, Iago Vázquez García (1º ESO C)


O anime é un tipo de serie televisa, orixinaria de Xapón. É un medio de gran expansión no país nipón, e asemade un produto de entretemento mundial. É dirixido a todos os públicos, infantil e adulto. Este é procedente do manga (especie de manga xaponés).

Encántame o anime por unha morea de factores: o seu incrible debuxo, e á vez peculiar, xa que é como ver un manga animado nunha pantalla; tamén as mensaxes que soe transmitir, o máis utilizado é que nunca debes renderte ou perseguir os teus soños custe o que custe; ou as historias que acostuman contar, xa que me parecen moi orixinais. Os meus animes favoritos son: Dragon Ball Z e Naruto.

Na miña opinión, a xente pensa que son series de pequenos, pero creo que non té sempre así, xa que o 70 % da xente que o ve ten máis de 16 anos. Ata hai persoas de 40 anos que o seguen vendo e aos que lles gusta, debido á nostalxia que teñen, de cando o vían de pequenos.