Para
traballarmos aspectos relacionados coa antroponimia galega
investigaremos
sobre os nosos propios nomes e apelidos e dos do resto dos
compañeiros do noso grupo.
Os
apelidos de hoxe orixináronse pola necesidade de identificar e
distinguir as persoas. E para iso utilizáronse sobrenomes,
patronímicos
ou designativos de lugar (topónimos),
que só se comezaron a facer hereditarios en Galicia desde finais da
Idade Media.
A
maioría dos apelidos de Galicia teñen orixe en nomes de lugar
(apelidos toponímicos: Piñeiro ou Castro),
en nomes de persoa (apelidos patronímicos: González ou Vázquez)
ou en nomes de oficios,
dignidades,
animais,
características físicas,
etc. (apelidos lexicais: Ferreiro,
Conde, Pita, Rouco ou Louzao).
Para
saberdes algo máis do significado ou da orixe dos vosos nomes, é
útil esta páxina
Nomes
galegos de hoxe e onte. Antropónimos galegos e galaicos
Mesmo hai compilada unha listaxe de hipocorísticos ou apelativos familiares ou afectuosos dun nome propio neste artigo.
Mesmo hai compilada unha listaxe de hipocorísticos ou apelativos familiares ou afectuosos dun nome propio neste artigo.
Para
consultardes de onde provén ou o significado do voso apelido,
podedes visitar as seguintes páxinas:
A
Cartografía dos Apelidos de
Galicia proporciona información que pode resultar de interese
para diversas disciplinas: a dialectoloxía, a historia do léxico, a
sociolingüística, a demografía, a historia da economía, a
xenealoxía, etc. E achega ademais información sobre a distribución por concellos dos apelidos en Galicia.
E
mesmo un dicionario xeral de lingua galega como Digalego ou
Dicionario da Real Academia Galega poden
achegar información interesante sobre os apelidos de orixe galega.
E para repasar todo o aprendido sobre a antroponimia galega déixovos este interesante artigo elaborado pola profesora Pilar Ponte, A Profa, cuxo blog vos recomendo para profundizar en moitos dos aspectos vistos nas aulas.
Tamén é moi interesante para profundizar neste tema esta publicación do IES San Clemente sobre antroponimia e onomástica galega.
Atrevédevos a descubrir a orixe e significado dos vosos nomes e apelidos e tentade investigar todo o relacionado coa súa historia, evolución e por veces castelanización dalgunhas das súas formas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario