Despertares
é un libro que mostra acontecementos reais dun grupo de vinte
doentes que foron internados no Hospital Monte Carmelo en Nova York.
Foron internados debido a que foron diagnosticados coa enfermidade
encefalite letárxica, a cal é moi estraña e os seus síntomas
comezan polo parkinson e despois dun tempo simplemente non
reaccionan, é coma se estivesen durmidos.
Esta
historia relátaa Oliver Sacks, médico que salvou a vida dos doentes
dándolles a medicina l-dopa (normalmente utilizada para o parkinson)
que fixo ver melloras na enfermidade e puideron “espertar” do
soño no que estaban.
Na
miña opinión este libro é moi interesante, móstrache un montón
de cousas importantes que poucas persoas saben e tamén che ensina a
aprezar as pequenas cousas que normalmente non valoramos.
Á
hora de ler este libro pode que haxa xente á que lle custe entendelo
debido ás palabras tan complicadas que utiliza, pero segue sendo un
dos libros máis interesantes que lin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario