mércores, 29 de xaneiro de 2020

Super Pataca, recomendación de Lucas Mouriño de 1º C



Super Pataca antes chamábase Super Max, pero o seu inimigo volveuno unha pataca. Loita cunha lagartixa chamada Arquibaldo, o escamudo e entra na súa casa polo váter.
No principio do libro, Super Pataca viaxa ao pasado para tenta evitar o que lle fixera o seu inimigo converténdoo nesa hortaliza.
Arquibaldo quere ser o malo número un e, entón, métese polo váter e secuestra a moza que lle gusta a Super Max, pero a ela non lle gusta e el non se dá conta. Logo persegue a Arquibaldo ata as cloacas e encontra a súa casa, salva a moza e dálle un bico.
El volve e deixa que o seu eu do pasado se convirta en pataca, volve ao futuro e remata o libro.

Este é o cómic que lin porque é moi gracioso, a idea de que unha pataca sexa un superheroe faime rir moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recensión sobre o filme Matria de Ana M. Polanco Ramos (1º Bach B)

E ste trimestre elixín ver a película Matria . Esta obra conta a vida de Ramona, unha muller á que lle suceden diferentes problemas ao longo...