Eu creo que as novelas de Harry Potter teñen moitísimo éxito entre a xente nova. Estes
contos parécenme unha marabilla, son das mellores
cousas que lin, son impresionantes. Non só che mostran a maxia,
tamén che ensinan moitos valores da vida como o importante que é a
amizade, que sempre tes que ter valor, a tristeza que produce perder
a un ser querido e moitas cousas máis.
Penso que estas novelas teñen tanto éxito,porque son moi orixinais
e poucas veces aparecen cousas tan diferentes como estas obras. Ademais, o cambio da historia e a evolución dos personaxes é incrible, nunca esperarías que sucedese tanto cambio.
Entendo
que hai a xente á que non lles guste, pero de verdade que algunhas
persoas din que non lles gusta porque igual só leron o primeiro libro. Se cadra se lle dan unha oportunidade ao segundo pode encantarlles!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario